Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 15 de decembro de 2015 Páx. 46969

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (342/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento 342/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Torres Vilariño, se ditou a seguinte resolución:

«Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos número 242/2014, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de José Torres Vilariño, asistido e representado polo letrado Jesús Garriga Domínguez, contra Paorga, S.L., que non comparece, despois de ser citado o Fogasa, que non comparece, ditou a presente sentenza.

(…)

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada por José Torres Vilariño contra Paorga, S.L. e, en consecuencia, condeno a empresa a pagar ao demandante 4.972,23 euros, cantidade que se incrementará cos xuros dos artigos 1100 e seguintes do Código civil. Condeno a empresa ao aboamento das custas procesuais con inclusión dos honorarios do letrado da parte demandante por importe de 200 euros. Condeno o Fogasa a avirse á presente resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da LRXS.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Paorga, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2015

A secretaria xudicial