Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Martes, 15 de decembro de 2015 Páx. 46967

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (288/2015).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 288/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Santos Patiño, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos número 288/2015, promovidos ante este xulgado do social sobre despedimento e reclamación de cantidade, por instancia de José Antonio Santos Patiño, representado polo graduado social José Manuel Chamosa Rodríguez, contra Nova Albariza, S.L., que non comparece, despois de ser citado o Fogasa, que non comparece, ditou a presente sentenza.

(…)

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada e en consecuencia declaro a improcedencia do despedimento de que foi obxecto o demandante con efectos do 28 de febreiro de 2015 e condeno a empresa a optar no prazo de cinco días, ou ben pola readmisión do demandante con aboamento dos salarios de tramitación ou ben, a elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á parte demandante dunha indemnización de 9.687,91 euros.

A devandita opción deberá exercerse no termo de cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo sen que o empresario optase, entenderase que procede a readmisión.

Condeno a empresa demandada ao aboamento de 9.984,79 euros, dos cales devindicará o xuro do artigo 29.3 do ET a suma de 8.079,94 euros. Condeno o Fogasa a avirse a esta resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da LRXS.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Nova Albariza, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2015

A secretaria xudicial