Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 14 de decembro de 2015 Páx. 46790

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (385/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 385/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Concepción Baluja Séndez se ditou a seguinte resolución:

«Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, vistos os presentes autos 385/2014, promovidos perante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de María Concepción Baluja Sende, asistida e representada pola letrada Marisol Romero Salgado contra Central de Contratación Electrónica, S.L., que non comparece, nos cales tamén foi citado o Fogasa que non comparece, ditou a presente sentenza.

(…)

Decido:

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por María Concepción Baluja Sende contra Central de Contratación Electrónica, S.L.U., e en consecuencia condeno a empresa a pagarlle á demandante 3.148,94 euros, máis os xuros do artigo 29.3 do ET. Condeno o Fogasa a estar e pasar por esta resolución nos termos do artigo 23.6 inciso segundo da LRXS.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación».

Para que sirva de notificación en legal forma a Central de Contratación Electrónica, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2015

A secretaria xudicial