Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 14 de decembro de 2015 Páx. 46788

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (381/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 381/2014 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de María José Santamaría Sampedro, se ditou a seguinte resolución:

«Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos número 381/2014, promovidos ante este Xulgado do Social sobre reclamación de cantidade, por instancia de María José Santamaría Sampedro, asistida e representada pola letrada Marisol Romero Salgado, contra a Central de Contratación Electrónica, S.L., que non comparece, despois de ser citado o Fogasa, que non comparece, ditou a presente sentenza.

(…)

Sentenza:

Que debo admitir e admito parcialmente a demanda presentada por María José Santamaría Sampedro contra Central de Contratación Electrónica, S.L.U. e, en consecuencia, condeno a empresa a pagarlle á demandante 6.482,99 euros, máis os xuros do artigo 29.3 do ET. Condeno o Fogasa a estar e pasar por esta resolución nos termos do artigo 23.6, inciso segundo da LRXS.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Central de Contratación Electrónica, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2015

A secretaria xudicial