Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Luns, 14 de decembro de 2015 Páx. 46810

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ribeira (expediente IN407A 2015/148-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Aguas de las Cuencas de España, S.A.

Domicilio social: Agustín de Betancourt, 25, 4º andar, 28003 Madrid.

Denominación: LMTS, CS, CM y CT de 630 kVA para EDAR Couso.

Situación: Couso, Ribeira.

Características técnicas: LMTS de 163 m×2 (entrada e saída do CS), entre o apoio de entroncamento e o centro de seccionamento e medida. Tensión nominal 20 kV, condutor RHZ1 12/20 kV 3 (1×240 mm2 Al), factor de potencia: 0,8. Centro de seccionamento en edificio prefabricado. Centro de medida, LMTS de 556 m, entre o centro de seccionamento e medida e o centro de transformación, tensión nominal de 20 kV, condutor RHZ1 12/20 kV 3 (1×95mm2 Al) factor de potencia: 0,8. Centro de transformación con cela de entrada de liña cgmcosmos-l, cela de proteción cgmcosmos-p e transformador trifásico de 630 kVA, tensión primaria 20/24 kV e tensión secundaria 420 V, refrixeración natural en aceite e grupo de conexión Dyn11.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310), e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 14 de xullo de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña