Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 11 de decembro de 2015 Páx. 46623

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato dun servizo para redeseñar o servizo de urxencias do Hospital de Montecelo en Pontevedra, desde a perspectiva da innovación social, dentro do proxecto Innova-Saúde, subproxecto IS-11-espazos de innovación en servizos asistenciais, cofinanciado nun 80 % por Fondos Feder-Fondo Tecnolóxico, eixe 1, tema prioritario 04, dentro do convenio establecido entre o Servizo Galego de Saúde e o Ministerio de Economía e Competitividade (expediente AB-SER1-15-036).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER1-15-036.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo para redeseñar o servizo de urxencias do Hospital de Montecelo en Pontevedra, desde a perspectiva da innovación social, dentro do proxecto Innova-Saúde, subproxecto IS-11-espazos de innovación en servizos asistenciais.

c) Lote (se é o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 71241000-9.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 205.000 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 205.000 euros. Importe total: 248.050 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 23.9.2015.

b) Data de formalización do contrato: 24.9.2015.

c) Contratista: Comercial Malasa, S.L.U.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 156.250 euros. Importe total: 189.062,50 euros.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos