Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 11 de decembro de 2015 Páx. 46621

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato dos servizos de xestión de incidencias e problemas (soporte de terceiro nivel), servizos de apoio á execución de proxecto, evolución tecnolóxica e funcional, e servizos de integración da aplicación de farmacia hospitalaria (Silicon) (expediente NB-SER1-15-043).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: NB-SER1-15-043.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizos de xestión de incidencias e problemas (soporte de terceiro nivel), servizos de apoio á execución de proxecto, evolución tecnolóxica e funcional, e servizos de integración da aplicación de farmacia hospitalaria (Silicon).

c) Lotes (se é o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 72267000-4.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado.

4. Valor estimado do contrato: 988.227,14 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 473.361,84 euros. Importe total: 572.767,83 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 9.10.2015.

b) Data de formalización do contrato: 3.11.2015.

c) Contratista: Grifols Movaco, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 473.361,84 euros. Importe total: 572.767,83 euros.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos