Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 11 de decembro de 2015 Páx. 46625

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de desenvolvemento, análises e operación para o almacén de información analítica, cofinanciado nun 80 % con Fondo Feder dos programas operativos Galicia 2007-2013 e Galicia 2014-2020, eixe 1, tema prioritario 13 (expediente AB-SER1-15-028).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER1-15-028.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de desenvolvemento, análises e operación para o almacén de información analítica do Servizo Galego de Saúde.

c) Lote (se é o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 72200000-7.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

g) Data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia núm. 96, do 25 de maio de 2015.

Boletín Oficial del Estado núm. 115, do 14 de maio de 2015.

Diario Oficial de la Unión Europea núm. 2015/S 093-167276, do 15 de maio de 2015.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 3.445.100 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 1.722.550 euros. Importe total: 2.084.285,50 euros.

6. Formalización dos contratos:

a) Data de adxudicación: 29.9.2015.

b) Data de formalización: 20.10.2015.

c) Contratista: Hewlett-Packard Servicios España, S.L.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 1.441.960 euros. Importe total: 1.744.771,60 euros.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos