O 30 de outubro de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra ditou o acordo de inicio do expediente sancionador número 2015435AL-PO, incoado á entidade Panadería Mollabao, S.L.
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle ao/á director/a xerente da entidade Panadería Mollabao, S.L. o contido do referido acordo que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, avenida Fernández Ladreda, núm. 43, 1º e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Pontevedra, 23 de novembro de 2015
Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Número do expediente: 2015435AL-PO.
Denunciada: Panadería Mollabao, S.L., con CIF B 36275956.
Último enderezo coñecido: rúa Rosalía de Castro, 67, 36001, Pontevedra.
Feito imputado: supostas infraccións en materia de seguridade alimentaria.
Preceptos infrinxidos: artigos 3, 4.2 e 5 e capítulo I puntos 1, 2 a), b) e c), 4, 6 e 9, capítulo II punto 1 c), d), e) e f), capítulo V punto 1 a), b) e d), capítulo VI puntos 1 e 2, capítulo IX punto 4, capítulo X punto 2 e capítulo XII punto 1 do anexo II do Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.
Tipificación: infracción grave, segundo o artigo 35 B), 2ª da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade.
Sanción proposta: tres mil cinco euros e sete céntimos de euro (3.005,07 €).
Tamén se confirma a medida cautelar acordada na data do 14.10.2015 (SC 27/15 PAN), de suspensión temporal da actividade de despacho de pan do establecemento.