Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 10 de decembro de 2015 Páx. 46236

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ORDE do 2 de decembro de 2015 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 6 de agosto de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción da integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego e do Programa de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015.

A Orde do 6 de agosto de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción da integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego e do Programa de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (Diario Oficial de Galicia núm. 155, do 17 de agosto), establece no seu artigo 1.3, no cal se recollen os créditos que financian a orde, que estes importes poderán ser obxecto de modificacións, como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento de emprego, coas limitacións que estableza a Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Laborais.

En consecuencia, como existen outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, cómpre ampliar o importe dos créditos destinados ás axudas que poderán ser concedidas ao abeiro da devandita orde, coa finalidade de facer chegar estas ao maior número de persoas ou entidades beneficiarias posible.

Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,

RESOLVO:

Artigo 1

Amplíase o importe total das axudas que se van conceder ao abeiro do Programa para a promoción da integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego, regulado no capítulo II da Orde do 6 de agosto de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción da integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego e do Programa de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (Diario Oficial de Galicia núm. 155, do 17 de agosto), na seguinte contía e aplicación orzamentaria que figura dotada nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015:

– 11.02.322C.470.0, código de proxecto 2014 00511, na contía de 193.512,23 euros.

Artigo 2

Esta modificación no afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2015

Francisco José Conde López
Conselleiro de Economia, Emprego e Industria