Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 10 de decembro de 2015 Páx. 46319

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (308/2014).

Miguel Gendra Rey, letrado da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 308/2014 e acumuladas deste Xulgado do Social, seguido por instancia de José Antonio Castro Santiso, José Pérez Suárez e Julio Nieto Cobas, contra a empresa Semar Aluminio, S.L., Marcial García, S.L., Marcial García Guillín, María Abel Tarrío Fernández, María del Carmen Guillín Rey, sobre reclamación de cantidade, ditouse decreto en data do 18 de novembro de 2015, cuxa parte dispositiva, é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva:

Acordo: ampliar o embargo trabado sobre os bens titularidade de Semar Aluminio, S.L., Marcial García, S.L., Marcial García Guillín, María Abel Fernández, María del Carmen Guillín Rey, Sistemas Especiales Metálicos para la Arquitectura, S.L., por importe de 125.775,78 euros en concepto de principal, máis 2.143,74 euros en concepto de xuros de demora, máis 12.791,95 euros que provisionalmente se orzamentan para xuros, gastos e custas, e que a continuación se salientan:

• Contas bancarias e devolucións tributarias de todos os executados, o que se levará para efecto a través da conta de consignacións xudiciais.

• Terreos titularidade de Marcial Garcial, S.L., números 21.137/G04T03, 21.137/G8AT6A, 21.137/G10T07, 21.093/G39AT1/8, 21.093/G35T24, 21.093/G41T21, 21.093/G44T31, 21.141 inscritas no Rexistro da Propiedade de Negreira, e o terreo número 17.184 inscrito no Rexistro da Propiedade de Cambados,

Acórdase librar mandamento ao Rexistro da Propiedade de Negreira e de Cambados coas indicacións da lexislación hipotecaria, por duplicado, coa seguinte finalidade:

a) Para que se faga a ampliación da anotación preventiva do embargo no Rexistro da Propiedade, remitíndose o devandito mandamento por fax ou por calquera outro medio electrónico establecido no artigo 162 da LAC), no día de hoxe.

b) Así mesmo, para os efectos previstos no artigo 656 da LAC, para que remita certificación de titularidade do dominio e demais dereitos reais dos bens gravados, así como os dereitos de calquera natureza que existan sobre os bens embargados, en especial, relación completa das cargas inscritas que o graven ou, se é o caso, que se atopa libre de cargas.

Notifíquese a Semar Aluminio, S.L., Marcial García, S.L., Marcial García Guillín, María Abel Tarrío Fernández e María del Carmen Guillín Rey, a dilixencia de ordenación de 28.8.2015 e do 20.10.2015, e demais que se diten, por medio de edictos, que se fixarán no taboleiro de anuncios deste xulgado, agás as resolucións que a lei prevén que se notifiquen a través de edicto que se fixarán no DOG.

Notifíquese a presente a Semar Aluminio, S.L., Marcial García, S.L., Marcial García Guillín, María Abel Tarrío Fernández e Mª del Carmen Guillín Rey, por medio de edictos no DOG, aos executantes por fax, a Sistemas Especiais Metálicos para a Arquitectura, S.L., por correo, e ao Fogasa por Lexnet, facéndoos saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición a interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución recorrida.

O letrado da Administración de xustiza».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Semar Aluminio, S.L., Marcial García, S.L., Marcial García Guillín, María Abel Tarrío Fernández, Mª del Carmen Guillín Rey, expido este edicto. Dou fe.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2015

Letrado da Administracion de Xustiza