Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 10 de decembro de 2015 Páx. 46328

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo consistente nos traballos de control financeiro permanente de varias entidades públicas da Comunidade Autónoma galega.

1. Poder adxudicador.

a) Organismo: Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

c) Número de expediente: FA16/2015.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: o servizo consiste nos traballos de control financeiro permanente de varias entidades públicas da Comunidade Autónoma galega.

c) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 124, do 3 de xullo de 2015.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

a) Prezo: cento oito mil euros (108.000,00 €), IVE excluído.

b) IVE: vinte e dous mil seiscentos oitenta euros (22.680,00 €).

5. Formalización.

a) Data de adxudicación: 18 de setembro de 2015.

b) Data de formalización: 21 de setembro de 2015.

c) Entidade adxudicataria:

– Lote 1: MGI Audicon & Partners, S.L.P. con NIF B-83307280.

–Lote 2: ATD Auditores Sector Público, S.L. con NIF B-82468364.

– Lote 3: ATD Auditores Sector Público, S.L. con NIF B-82468364.

– Lote 4: ATD Auditores Sector Público, S.L. con NIF B-82468364.

– Lote 5: MGI Audicon & Partners, S.L.P. con NIF B-83307280.

d) Importe de adxudicación:

– Lote 1: 3.600,00 euros (IVE excluído).

– Lote 2: 15.168,00 euros (IVE excluído).

– Lote 3: 11.095,00 euros (IVE excluído).

– Lote 4: 11.400,00 euros (IVE excluído).

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2015

P.D. (Orde do 9.1.2012)
Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda