Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 10 de decembro de 2015 Páx. 46326

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 20 de novembro de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo consistente na realización dun informe técnico para a utilización do sistema de custos simplificados na execución dos programas operativos Feder, FSE e Emprego Xuvenil en Galicia no período 2014-2020. Esta contratación está cofinanciada nunha terceira parte co programa operativo Feder de Galicia 2007-2013, tema prioritario 7.85, e en dous terzos co programa operativo FSE Galicia, tema prioritario 5.85.

1. Poder adxudicador:

a) Organismo: Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

c) Numero de expediente: FA28/2014.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: o servizo consistente na realización dun informe técnico para a utilización do sistema de custos simplificados na execución dos programas operativos Feder, FSE e Emprego Xuvenil en Galicia no período 2014-2020.

c) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 248, do 29 de decembro de 2014.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada e anticipado de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación:

a) Prezo: cento tres mil euros (103.000,00 €), IVE excluído.

b) IVE: vinte e un mil seiscentos trinta euros (21.630,00 €).

5. Formalización:

a) Data de adxudicación: 16 de marzo de 2015.

b) Data de formalización: 17 de marzo de 2015.

c) Entidade adxudicataria: Pricewaterhousecoopers Auditores, S.L., con NIF B-79 031 290.

d) Importe de adxudicación: 85.000 euros (IVE excluído).

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2015

P.D. (Orde 9.1.2012)
Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda