Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 10 de decembro de 2015 Páx. 46325

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 29 de outubro de 2015, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo P.A. 250/2015, interposto por Pilar Porto Novo e outros.

Logo de advertir un erro na dita resolución, publicada no DOG núm. 218, do 16 de novembro de 2015, cómpre facer a oportuna corrección:

Onde di: «O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Pontevedra no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia», debe dicir: «O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia».