Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 10 de decembro de 2015 Páx. 46330

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2015 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo consistente na verificación do requisito do mantemento do emprego e demais obrigas anexas fixadas nas convocatorias das axudas ao emprego en que é exixible un período de invariabilidade e relativas a operacións realizadas nas anualidades 2009 a 2014 cofinanciadas co programa operativo Fondo Social Europeo (FSE) Galicia 2007-2013. Este contrato está cofinanciado polo programa operativo FSE de Galicia 2014-2020, nun 80 % no eixe 8, asistencia técnica, obxectivo específico 1, campo de intervención 121.

1. Poder adxudicador:

a) Organismo: Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

c) Numero de expediente: FA21/2015.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: servizo consistente na verificación do requisito do mantemento do emprego e demais obrigas anexas fixadas nas convocatorias das axudas ao emprego en que é exixible un período de invariabilidade e relativas a operacións realizadas nas anualidades 2009 a 2014 cofinanciadas co programa operativo Fondo Social Europeo (FSE) Galicia 2007-2013.

c) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 179, do 18 de setembro de 2015.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación:

a) Prezo: cento vinte e catro mil douscentos euros (124.200,00 €), IVE excluído.

b) IVE: vinte e seis mil oitenta e dous euros (26.082,00 €).

5. Formalización:

a) Data de adxudicación: 11 de novembro de 2015.

b) Data de formalización: 13 de novembro de 2015.

c) Entidade adxudicataria: Regio Plus Consulting, S.L., con NIF B-85 325 181.

d) Importe de adxudicación: 72.450,00 euros (IVE excluído).

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2015

P.D. (Orde 9.1.2012)
Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda