Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 9 de decembro de 2015 Páx. 46140

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Terceira)

EDICTO (436/2011).

Eu, Manuel Rubido de la Torre, secretario xudicial da Sección Terceira da Audiencia Provincial de Pontevedra, certifico que na peza de apelación 201/2015 (dimanante do procedemento ordinario 436/2011, do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ponteareas), interposto por Francisco Manuel Iglesias Rodríguez e Pablo Ricardo Ortiz Uribarri contra a Comunidade de Propietarios do Edificio Botica da Cañiza, Darío Martín García, Mercedes Conde Cid, Gustavo Daniel Díaz Pérez, María Nieves Hidalgo López, Manuel Cobas Bello, Luis Carlos Fernández Amado, Daniel Tienda Castro, David Vázquez Ucha e Fincas Cañiza, S.L. se ditou a Sentenza 265/2015, o 27.10.2015, polo que se desestima o recurso de apelación o texto íntegro quedará a disposición das partes na sede desta sección, na rúa Rosalía de Castro, 5-2º, de Pontevedra.

A dita sentenza non é firme e contra ela poderán as partes lexitimadas interpor recurso extraordinario por infracción procesual ou ben de casación, ante a Sala Primeira do Tribunal Supremo, no termo de vinte días contados a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Ao estar apelada Fincas Cañiza, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto a fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 11 de novembro de 2015

O secretario xudicial