Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 9 de decembro de 2015 Páx. 46141

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (897/2014).

Eu, María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 897/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alejandro Denis Botana contra a empresa Albealia Restauración Coruña 1, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, se ditou, resolución, con data do 26.10.2015, contra a cal non cabe interpor ningún recurso, os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto no dito xulgado.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Albealia Restauración Coruña 1, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 26 de outubro de 2015

A secretaria xudicial