Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 9 de decembro de 2015 Páx. 46148

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (738/2014).

Eu, Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento 738/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de César Argibay Pampín contra a Mutua Fraternidad Muprespa, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Okay Group World, S.L., sobre seguridade social, ditouse auto de 17.11.2015 de aclaración de sentenza cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Dispoño estimar a solicitude do Instituto Nacional da Seguridade Social de aclarar a sentenza ditada neste procedemento con data do 29.10.2015 no sentido que se indica a continuación:

No fundamento de dereito terceiro, onde di: «(...) Isto fai que, en atención á cobertura existente, deba anticipar a Mutua ese pagamento, con responsabilidade subsidiaria do INSS e absolución da TXSS (...)», debe dicir: «(...) Isto fai que, en atención á cobertura existente, deba anticipar a Mutua ese pagamento, con responsabilidade subsidiaria do INSS (en caso de insolvencia da Mutua Fraternidade Muprespa) e absolución da TXSS (....)».

No ditame da sentenza, onde di: «(...) e obriga de anticipo da Mutua, con responsabilidade subsidiaria do INSS (...)», debe dicir: «(...) e obriga de anticipo da Mutua, con responsabilidade subsidiaria do INSS, en caso de insolvencia da Mutua Fraternidade Muprespa (....)».

E para que sirva de notificación en legal forma a Okay Group World, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 17 de novembro de 2015

A secretaria xudicial