Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Mércores, 9 de decembro de 2015 Páx. 46149

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 6 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente PES-OU-63/2015-V e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ao non ser posible a súa notificación polo servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, sita na rúa Sáenz Díez, nº 1, 1º andar (Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acto obxecto de publicación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 6 de novembro de 2015

Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: PES-OU-63/2015-V.

Interesado: Agostinho Portiño.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: PES-OU-65/2015-V.

Interesado: Marcos Lalín Pellicer.

Acto de notificación: resolución de procedemento sancionador.

Expediente: PES-OU-78/2015-V.

Interesado: Emanuel Craciun

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: PES-OU-81/2015-V.

Interesado: Mihai Anghelache.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: PES-OU-86/2015-V.

Interesado: Francisco José Lorenzo de Dios.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: PES-OU-101/2015-V.

Interesado: Alexandru Chifor.

Acto de notificación: proposta de resolución.