Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 7 de decembro de 2015 Páx. 46087

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do Plan especial de protección do centro histórico e do Camiño de Santiago ao seu paso pola vila de Sarria.

Aprobado inicialmente o Plan especial de protección do centro histórico e do Camiño de Santiago ao seu paso pola vila de Sarria, que afecta a delimitación do centro histórico declarado como BIC polo Decreto 227/2011, do 2 de decembro, polo que se aproba a delimitación da ruta principal do Camiño de Santiago, Camiño Francés, por Acordo de Xunta de Goberno Local, do 11 de novembro de 2015, de conformidade co artigo 86.1.a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde a última publicación no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado, nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou para obter copias.

Quedan suspendidas as licenzas de obra no ámbito de delimitación cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente, que en ningún caso afectarán as obras, maiores e/ou menores, compatibles coas normas subsidiarias de planeamento municipal e co plan especial, sen alteración de superficie e/ou volume, así como a implantación de actividades coa condición de que o uso previsto sexa compatible con ambos os plans.

A suspensión terá unha duración máxima de dous anos contados desde a aprobación inicial e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do plan especial.

Sarria, 20 de novembro de 2015

Mª Pilar López Yáñez
Alcaldesa presidenta