Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 7 de decembro de 2015 Páx. 46088

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación do servizo de mantemento das instalacións de luz pública, túneles, pasos inferiores, galerías de servizos, fontes e instalacións de enerxías renovables.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Servizos Enerxéticos. Nº de expediente: 15857-444.

2. Obxecto do contrato: descrición: mantemento integral dos equipamentos e instalacións electromecánicas existentes nas instalacións de luz pública, túneles, pasos inferiores, galerías de servizos, fontes ornamentais e instalacións eólicas e solares fotovoltaicas do concello de Vigo.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: catro (4) anos. Prórroga: si; dúas dun ano de duración cada unha.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 10.603.683,75 euros.

5. Garantías provisionais: non se exixen.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante); teléfono: 986 81 01 48; fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: deberá acreditar a solvencia económica, financeira e técnica, e a habilitación profesional na forma exixida na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará o día 8 de xaneiro de 2016.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 da folla de especificacións do contrato (FEC).

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo. Praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións: _

11. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 27 de novembro de 2015

P.D. (Decreto do 19.6.2015 e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación