Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 7 de decembro de 2015 Páx. 46085

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de exposición pública da aprobación inicial do plan parcial do SUR PPI-1 do concello do Porriño.

A alcaldesa do Concello do Porriño, Eva García de la Torre, o 3 de novembro de 2015 aprobou inicialmente o plan parcial do SUR PPI-1, mediante acordo que ten o seguinte contido literal.

«1º. Aprobar inicialmente o plan parcial do solo urbanizable delimitado SUR PPI-1.

2º. Someter o expediente a información pública durante un prazo de dous meses mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e en dous xornais de maior circulación da provincia, notificándollelo aos propietarios de todos os terreos afectados e aos concellos limítrofes.

3º. Remitir un exemplar do plan parcial á Confederación Hidrográfica para emisión de informe preceptivo no prazo dun mes.

4º. Someter o expediente a consultas por un prazo de dous meses dando comunicacion aos organismos que deseguido se relacionan e que foron expresamente citados no documento de referencia elaborado pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible:

– Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

– Dirección Xeral de Aviación Civil.

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental.

– Instituto de Estudos do Territorio.

– Dirección Xeral de Mobilidade.

– Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

– Augas de Galicia.

– Dirección Xeral do Patrimonio Cultural.

– Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes.

– Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

– Deputación Provincial de Pontevedra.

– Federación Ecoloxista Galega.

– Federación Galega de Medioambiente.

– Fundación Galicia Sustentable.

– Universidade de Vigo. Departamento de Xeociencia Mariña e Ordenación do Territorio.

5º. Suspender o otorgamento de licenzas de edificación, parcelación e derruba no ámbito do plan parcial do SUR PPI-1.

6º. Dar conta desta resolución ao Pleno da Corporación na próxima sesión plenaria que se convoque».

O que se fai público para xeral coñecemento, para que os interesados presenten as alegacións, reclamacións e suxestións que coiden convenientes, durante o prazo de dous meses contados a partir da data de publicación no Diario Oficial de Galicia.

O Porriño, 4 de novembro de 2015

Eva García de la Torre
Alcaldesa