Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 7 de decembro de 2015 Páx. 46003

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (21/2015).

Mª Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento ordinario 21/2015 deste tribunal, seguido por instancia de Manuel Mariño López, Miguel Alende Nogueira, José Ramón Morono García contra Talleres J. y M. Fernández, S.L., Automóviles J. y M. Fernández, S.L., SS Fernández Concesionario, S.L., Ifer Coruña, S.L., Integral Motion Assistance, S.L., Marcelino Fernández Rodríguez, José Luis Fernández Rodríguez, Talleres Fernández Coruña, S.L., Compostela Concesionario, S.L. Unipersonal, Compostela Automotriz, S.L., Patrimonial Feranpe, S.L, Asesoría Global Automoción, S.L., sobre conflito colectivo, se ditou a seguinte resolución:

«Que estimamos en parte a demanda formulada por Miguel Alende Nogueira, Manuel Mariño López e José Ramón Morono García contra as empresas codemandadas Talleres J. y M. Fernández, S.L.U., Automóviles J. y M. Fernández, S.L.U., SS Fernández Concesionario, S.L., Ifer Coruña, S.L. e contra Talleres Fernández Coruña, S.L., declaramos a nulidade da decisión extintiva adoptada por Automóviles J. y M. Fernández, S.L.U., e condenamos de forma solidaria as ditas demandadas a que readmitan os traballadores despedidos no ERE tramitado para o efecto, en iguais condicións que rexían antes de tal decisión, e desestimamos a dita demanda fronte ás persoas físicas José Luis e Marcelino Fernández Rodríguez, contra as mercantís Asesoría Global Automoción, Integral Motion Asistence, S.L., Compostela Concesionario, S.L., Compostela Automotriz, S.L. e Ferampe, S.L., as que absolvemos das pretensións deducidas na súa contra.

Notifíquese a presente sentenza ás partes.

Modo de impugnación:

Advírtese as partes que contra a presente resolución poderán interpor recurso de casación ante o Tribunal Supremo, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito na oficina xudicial, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta Sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Talleres Fernández Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de novembro de 2015

A letrada da Administración de xustiza