Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 7 de decembro de 2015 Páx. 46017

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2015, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 197/2015, interposto por Sandra Cruz Raña.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia solicitude de remisión do expediente relativo ao recurso contencioso-administrativo P.O. núm. 197/2015, interposto por Sandra Cruz Raña contra a resolución da Consellería de Facenda pola que se desestima o recurso de alzada contra a Resolución do 23 de setembro de 2014, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de delineantes, pola que se publican diversos acordos relacionados co segundo exercicio da fase de oposición.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2015

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública