Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Luns, 7 de decembro de 2015 Páx. 46018

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 5 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia en materia de residuos (expediente OU-93/2015 RE e tres máis).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial. A súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A comparecencia efectuarase, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, na sede desta xefatura territorial, sita na rúa do Paseo, nº 18, 4º andar, de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Ourense, 5 de novembro de 2015

Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-93/2015 RE.

Denunciados: Antonio André García/Dumitru Viorel Beghean.

Acto notificado: acordo de incoación.

Expediente: OU-101/2015 RE.

Denunciado: Danut Farcas.

Acto notificado: acordo de incoación.

Expediente: OU-102/2015 RE.

Denunciado: Carlos Olivares Rodríguez.

Acto notificado: acordo de incoación.

Expediente: OU-103/2015 RE.

Denunciado: Gheorghe Murariu.

Acto notificado: acordo de incoación.