Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Venres, 4 de decembro de 2015 Páx. 45848

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2015 pola que se rectifican erros materiais no prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación por procedemento aberto multicriterio e trámitación ordinaria, non suxeito a regulación harmonizada e documentalmente simplificada, do servizo para a redacción do proxecto básico e de execución e dirección de obra para a construción de 40 vivendas de protección pública, garaxes, rochos e locais na parcela Z-11, sector 10-Parque Ofimático, na Coruña (expediente C-2015/010).

1. Advertida a existencia de erros materiais no prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación por procedemento aberto e tramitación ordinaria, non suxeito a regulación harmonizada e documentalmente simplificada, do servizo para a redacción do proxecto básico e de execución e dirección de obra para a construción de 40 vivendas de protección pública, garaxes, rochos e locais na parcela Z-11, sector 10-Parque Ofimático, na Coruña. Expediente: C-2015/010, publicado no DOG nº 222, do 20 de novembro de 2015, debe procederse á súa rectificación, de conformidade co disposto no artigo 105.2. da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, así:

– No cadro de características, alínea F, clasificación e solvencia, 2. Solvencia, B) Solvencia técnica ou profesional, onde di: «(...) proxectos básico e de execución e dirixido as obras de tres edificios de (....)», debe dicir: «(...) proxectos básico e de execución e dirixido as obras dun edificio de (....)».

– Na cláusula 10.1.3 Apertura del sobre C do prego de cláusulas administrativas particulares na súa versión en lingua castelá,

Onde di:

formula1.pdf

Debe dicir:

missing image file

2. De conformidade co establecido no artigo 75 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado polo Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, as ofertas para participar na referida licitación poderanse presentar antes das 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta Resolución no Diario Oficial de Galicia, no rexistro da sede dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2015

P.D. (Resolución do 23.6.2010)
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo