1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.
b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación Administrativa de Monforte de Lemos.
c) Obtención da documentación e información:
1º. Dependencia: Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos. Hospital Comarcal de Monforte de Lemos. Unidade de Contratación Administrativa de Monforte de Lemos.
2º. Enderezo: Corredoira s/n.
3º. Localidade e código postal: Monforte de Lemos (Lugo) 27400.
4º. Teléfono: 982 41 77 81.
5º. Telefax: 982 40 40 06.
6º. Correo electrónico:
jose.luis.rodriguez.martinez@sergas.es ou Enrique.del.catillo.lopez@sergas.es
7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es
8º. Data límite de obtención de documentación e información: último día de presentación de proposicións, todos os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, agás sábados.
d) Número de expediente: AB-EIL1-15-024.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizos.
b) Descrición: servizo de mantemento técnico-legal e correctivo dos sistemas de detección, extinción e protección contra incendios instalados nos centros dependentes da estrutura organizativa da Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos.
c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si. Ver pregos de cláusulas administrativas particulares.
d) Lugar de execución/entrega:
1º. Enderezo: ver pregos de cláusulas administrativas particulares.
2º. Localidade e código postal: ver pregos de cláusulas administrativas particulares.
e) Prazo de execución/entrega: vinte e catro meses.
f) Admisión de prórroga: si. Ver prego de cláusulas administrativas particulares.
g) Establecemento dun acordo marco (de ser o caso): non.
h) Sistema dinámico de adquisición (de ser o caso): non.
i) CPV (referencia de nomenclatura): 50413200-5.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Poxa electrónica: non.
d) Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Valor estimado do contrato: cento setenta e dous mil cincocentos trinta e dous euros con corenta e cinco céntimos de euro (172.532,45 €).
5. Orzamento base de licitación:
a) Importe neto: setenta e un mil oitocentos oitenta e oito euros con cincuenta e dous céntimos de euro (71.888,52 €). Importe total: oitenta e seis mil novecentos oitenta e cinco euros con once céntimos de euro (86.985,11 €).
6. Garantías exixidas:
Provisional (importe): non.
Definitiva: 5 % do importe de adxudicación excluído o IVE.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría) (de ser o caso): ver prego de cláusulas administrativas particulares.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (de ser o caso): ver prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Outros requisitos específicos: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Contratos reservados: non.
8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: as catorce horas do décimo quinto día natural, contado desde o seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia.
No caso de que ese día coincida en sábado, domingo ou festivo, o prazo de presentación finalizará o primeiro día hábil seguinte.
b) Modalidade de presentación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Hospital Universitario Lucus Augusti.
2º. Enderezo: Doutor Ulises Romero nº 1-2ª planta.
3º. Localidade e código postal: Lugo 27003.
4º. Enderezo electrónico: ContratacionAdm.Eoxi.Lugo@sergas.es
d) Número previsto de empresas ás cales se pretende invitar a presentar ofertas (procedemento restrinxido): non procede.
e) Admisión de variantes, se procede: non.
f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: catro meses contados desde a data de apertura das proposicións.
9. Apertura das ofertas:
a) Descrición: mesas de apertura dos sobres B e C.
b) Enderezo: sala 305 da Xerencia, no Hospital Universitario Lucus Augusti. Dr. Ulises Romero nº 1-3ª planta.
c) Localidade e código postal: Lugo 27003.
d) Data e hora: a data e a hora de realización das mesas de apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil do contratante www.sergas.es
10. Gastos de publicidade: o pagamento do anuncio desta licitación será por conta do adxudicatario do contrato.
11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea (se é o caso):
12. Outras informacións:
Lugo, 9 de novembro de 2015
Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos