Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 3 de decembro de 2015 Páx. 45640

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Taboadela

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial da modificación puntual número 4 do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno do Concello de Taboadela, en sesión ordinaria do 30 de marzo de 2015, prestou aprobación inicial á modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal: modificación puntual número 4 do Concello de Taboadela, elaborada por Consultora Galega, S.L., e asinada polo arquitecto-urbanista, Xoán Carlos Portela Regodeseves, para a modificación da normativa correspondente aos distintos usos e actividades e corrección dun erro gráfico no núcleo de Pasadán.

– En cumprimento do disposto no artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométense esta modificación e os restantes documentos integrantes do expediente a información pública polo prazo de de dous (2) meses, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión da provincia.

Todo isto para efectos de que durante tal período se poidan formular as alegacións ou suxestións que se consideren oportunas, computándose o prazo desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio.

O anuncio de información pública dará cumprimento ao preceptuado polo artigo 11.3 do Real decreto lexislativo 2/2008, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo.

– Solicitar ás administracións públicas competentes, Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e ao Ministerio de Industria os informes sectoriais aos cales se refire o artigo 85.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

– Non suspender o outorgamento das licenzas dadas as características da modificación. Non obstante, para aquelas solicitudes de licenza que se poidan ver afectadas polas novas determinacións da modificación comprobarase o cumprimento do PXOM vixente e da modificación puntual aprobada inicialmente.

Promotor: Concello de Taboadela.

Equipo redactor: Consultora Galega, S.L.

Cambios que formula a modificación:

1º. Modificación dos usos e inclusión de certas categorías de usos xa definidos ou novos usos permitidos dentro dos núcleos rurais.

2º. Corrixir erros detectados na grafía da vía do núcleo de Pasadán.

Taboadela, 20 de maio de 2015

Manuel Gallego Vila
Alcalde