Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Xoves, 3 de decembro de 2015 Páx. 45642

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xunqueira de Ambía

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan especial de protección e rehabilitación da zona histórica de Xunqueira de Ambía e o seu contorno.

Mediante Acordo do Pleno do 28 de agosto de 2015, en sesión extraordinaria aprobouse definitivamente o Plan especial de protección e rehabilitación da zona histórica de Xunqueira de Ambía e o seu contorno, o que se publica para os efectos do artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Xunqueira de Ambía, 11 de novembro de 2015

José Luis Gavilanes Losada
Alcalde