O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra requiriu a remisión do expediente administrativo correspondente á desestimación por silencio administrativo negativo do Concello de Poio da petición de revisión e declaración de nulidade da Resolución do 26 de decembro de 2007, da Xunta de Goberno Local deste concello, pola que se lle concedeu á sociedade Vigobarro, S.L. a licenza de primeira ocupación parcial para as vivendas 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17 e 18 de camiño Urxeira, no lugar de Chancelas, da parroquia de Combarro deste termo municipal.
De conformidade co preceptuado no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa,
RESOLVO:
Emprazar os posibles interesados neste procedemento para que no prazo de nove (9) días, contados a partir do seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, comparezan, se o consideran oportuno, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra, no recurso contencioso-administrativo que se segue en procedemento ordinario 0000326/2015, en defensa dos seus lexítimos intereses.
Poio, 10 de novembro de 2015
Luciano Sobral Fernández
Alcalde