Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 2 de decembro de 2015 Páx. 45461

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilalba

ANUNCIO de licitación de contrato de servizos de axuda no fogar.

Por medio deste anuncio faise público que o Concello de Vilalba convoca concurso para a licitación dun contrato de prestación dos servizos de axuda no fogar, modalidade dependencia e libre concorrencia, no Concello de Vilalba, Lugo, por procedemento aberto e trámite ordinario.

Valor anual estimado do contrato: 1.346.153,86 € (IVE excluído). O tipo de IVE aplicable e o 4 % (53.846,14 €). Total: 1.400.000 €, IVE incluído.

Modalidade dependencia: 1.153.846,16 € (IVE 4 %- 46.153,84 €= 46.153,84). Total: 1.200.000,00 €.

Modalidade libre concorrencia: 192.307,70 € (IVE 4 %- 7.692,30 €). Total: 200.000,00 €.

Valor total estimado do contrato: 1.346.153,86 €×4+1+1= 8.076.923,16 €.

Importe do IVE (4 %): 53.846,14 €×4+1+1= 323.076,84 €.

Importe total: 1.400.000,00×4+1+1= 8.400.000,00 € (IVE incluído).

Orzamento base de licitación: determínase en función do número de horas de prestación, establecéndose o prezo de: 12,10 €/hora para os servizos prestados de luns a venres e de 12,50 €/hora para os servizos prestados en sábados, domingos e festivos. Prezos aos cales se lles aplicará o tipo de IVE correspondente (apartado 4.c) do anexo I del prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo: 4 anos+1+1= 6 anos contados a partir do 1.2.2016. Os interesados poden acceder á información complementaria a través da plataforma de contratación pública de Galicia, perfil do contratante.

Vilalba, 26 de novembro de 2015

Gerardo Criado Guizán
Alcalde