Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 2 de decembro de 2015 Páx. 45460

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de emprazamento aos interesados nos P.O. 4176/2015, 4192/2015 e 4198/2015 interpostos contra a aprobación definitiva do Plan parcial do solo urbanizable delimitado número 16 (SUD-16) Agra dos Campos-Aríns.

O concelleiro delegado de Medio Ambiente e Convivencia, con datas do 20 e do 28 de xullo e do 6 de agosto de 2015, acordou remitir ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Contencioso-Administrativo, sección 2, o expediente tramitado para a aprobación do Plan parcial do SUD-16 (Agra dos Campos-Aríns) co obxecto de comparecer nos autos tramitados nos recursos que a continuación se relacionan:

– Procedemento ordinario 4176/2015, interposto pola Asociación de Propietarios do SUD-16 e do SUD-17, contra a aprobación definitiva dos plans parciais do SUD-16 (Agra dos Campos) e do SUD-17 (Monte do Gozo).

– Procedemento ordinario 4192/2015, interposto por Mercedes Martínez Mallou, contra a aprobación definitiva do Plan parcial do SUD-16 (Agra dos Campos).

– Procedemento ordinario 4198/2015, interposto por María Diéguez Diéguez e outros, contra a aprobación definitiva do Plan parcial do SUD-16 (Agra dos Campos).

O que se fai público en cumprimento do exixido polo artigo 47.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, co fin de que sirva de emprazamento aos posibles interesados que desexen comparecer no proceso.

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2015

P.D. (Decreto 3997/2015, do 16 de xuño)
Jorge Duarte Vázquez
Concelleiro delegado de Espazos Cidadáns,
Dereito á Vivenda e Mobilidade