Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 2 de decembro de 2015 Páx. 45459

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación (expediente 21/15).

Por acordo da XGL do 12 de novembro de 2015 aprobáronse os pregos que rexen na seguinte licitación:

1. Órgano contratación: Xunta de Goberno Local do Concello do Porriño.

2. Obxecto do contrato: concesión administrativa da xestión indirecta do servizo de recollida e transporte de residuos sólidos urbanos no termo municipal do Porriño (expediente 21/15).

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 306.551,61 € = 278.683,28 € + 27.868,33 € (10 % IVE), polo prazo de 1 ano.

5. Garantías: garantía definitiva: 5 % da oferta económica (IVE excluído).

6. Prazo de presentación das proposicións: 1 mes, desde a última publicación do anuncio de licitación no BOE, no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello.

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido nos pregos.

8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 13 de novembro de 2015

Eva García de la Torre
Alcaldesa