Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 2 de decembro de 2015 Páx. 45462

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Compañía de Radio-Televisión de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2015, da Dirección de Recursos Humanos, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo 332/2015.

Unha vez recibido na CRTVG o escrito do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela, no cal se solicita a remisión do expediente administrativo que motivou a apertura do procedemento abreviado 332/2015, iniciado por instancia de Uxío González Souto contra a resolución ditada pola Dirección Xeral da CRTVG o 29 de xullo de 2015, pola que se rexeita expresamente o recurso de alzada presentado contra a Resolución do 20 de maio de 2015, emitida polo Tribunal 2, na categoría de axudante de produción, que rexeitou expresamente a reclamación formulada contra a rebaremación dos méritos na fase de concurso do proceso de consolidación de emprego da CRTVG; a Dirección Xeral da CRTVG

RESOLVEU:

Ordenar a remisión do expediente ao xulgado e, en aplicación do artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, emprázanse todos os interesados para que poidan comparecer como demandados no procedemento de referencia no prazo de nove (9) días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2015

Jorge Varela Fernández
Director de Recursos Humanos