Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 2 de decembro de 2015 Páx. 45433

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 17 de novembro de 2015 polo que se notifican resolucións de recursos de alzada interpostos contra resolucións das delegacións desta axencia, en materia de estradas (autorizacións e expropiacións), porque, tentadas as notificacións das resolucións devanditas, non se puideron practicar (recurso AUT/14/15 e un máis).

As unidades dependentes desta Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas tramitan os recursos de alzada interpostos polas persoas que se indican, contra resolucións ditadas no seu día polos servizos de infraestruturas das actuais delegacións desta Axencia nas provincias que tamén se sinalan, en materia de estradas de titularidade desta comunidade autónoma.

Procedendo a notificación persoal das resolucións destes recursos ás persoas interesadas nos casos que se indican, non se puideron practicar, de maneira que, segundo dispoñen os artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, tendo en conta que en atención á protección de intereses lexítimos se publica soamente o contido mínimo do acto, emprázanse as persoas interesadas que se indican no anexo para seren notificadas por comparecencia dos actos cuxo contido se sinala. A comparecencia que poderán realizar deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, na sede do Servizo de Xestión Xurídico-Administrativa, da Axencia Galega de Infraestruturas, no Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, ou tamén no Servizo de Infraestruturas da Delegación da Axencia na provincia correspondente. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único citado.

Contra estas resolucións, que son definitivas na vía administrativa, pódese interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, no caso de materia de autorizacións, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da circunscrición da sede do órgano que ditou o acto orixinario, de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa; no caso de materia de expropiacións perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto nos artigos 10 e 14 da Lei 29/1988 citada.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2015

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Recurso, provincia: AUT/14/15 Autorizacións. Pontevedra.

Materia, estrada: instalación de pérgola desmontable. Estrada PO-531.

Recorrente/interesado: Elpidio Salgado Roma.

Último enderezo coñecido: Vilanova de Arousa (Pontevedra).

Acto notificado: resolución desestimatoria de recurso de alzada.

Recurso, provincia: E/44/12 Expropiacións en materia de estradas. Pontevedra.

Clave de obra, predios: PO/07/258.06 Predio 95-0 de Sanxenxo.

Recorrente: Comunidade de montes veciñais de Arra-Montalbo.

Persoa interesada: Juan R. Pintos San Martín.

Último enderezo coñecido: Sanxenxo.

Acto notificado: resolución estimatoria de recurso de alzada.