Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Mércores, 2 de decembro de 2015 Páx. 45430

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 11 de novembro de 2015 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción de senda peonil, estrada AC-543, Santiago de Compostela-Noia, p.q. 0+000 ao 2+000, de clave AC/13/088.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Por Resolución da Axencia Galega de Infraestruturas do 26 de marzo de 2015 aprobouse provisionalmente o proxecto de construción de senda peonil, estrada AC-543, Santiago de Compostela-Noia, p.q. 0+000 ao 2+000, de clave AC/13/088.06.

Este proxecto de construción ten por obxecto a execución dun itinerario peonil seguro e accesible, mediante a construción de beriarrúas e sendas peonís, entre o p.q. 0+000 ao 2+000 da estrada AC-543 Santiago de Compostela (AC-548)-Noia (AC-550), nas parroquias de Laraño e Vidán, comunicando os ditos núcleos poboacionais co núcleo urbano de Santiago de Compostela.

No treito da vía obxecto do proxecto localízanse gran número de vivendas e negocios, situados en ambas as marxes deste, o que ocasiona na zona un elevado tránsito de peóns. Coa realización desta actuación preténdese separar o tráfico rodado do peonil, evitando ou minimizando as posibles situacións de risco que existen na actualidade.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de construción sométese ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado da estrada.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, se someta a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas da Coruña (r/ Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña) e na Casa do Concello de Santiago de Compostela (praza do Obradoiro, Pazo de Raxoi, 15705 Santiago de Compostela). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (http://www.cmati.xunta.es/tema/c/Infraestruturas_Estradas), atópase á disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2015

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO
Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Proxecto de construción de senda peonil, estrada AC-543, Santiago de Compostela-Noia, p.q. 0+000 ao 2+000. Clave: AC/13/088.06.

Concello de Santiago de Compostela.

Nº de predio

Propietario/a

Cultivo

Polígono

Ref. catastral

Ocupación m2

Bens ocupados

1

Santiago Sur Galicia, S.L.

Matogueira

199

105

1.458,75

Edificación/ruína

2

Noya Pedrido, Juan José

Matogueira

199

111

30,39

3

Pais Framil, Ramón

Matogueira

199

172

24,70

4

Pais Otero, Aurora

Matogueira

199

171

8,47

5

Pais Framil, Daniel

Matogueira

199

170

12,62

6

Pais Otero, Prudencia

Matogueira

199

169

9,29

7

Viqueira Moscoso, Raúl

Matogueira

199

168

19,63

8

Calvo Freire, Manuel Ramón

Matogueira

199

167

11,00

9

Cruces Vidal, Encarnación

Matogueira

199

173

10,81

10

Noya Cebro, José

Prados

509

10154

127,15

11

Noya López, Ramón

Xardín

00050

22

12,40

10 ml peche de pedra con enreixado 3 ud. árbores ornamentais

12

Montero García, Manuel

Aparcamento

34709

09

11,38

13

Montero García, Manuel

Aparcamento

34709

10

87,97

14

Estación de Servizo Lapido, S.L.

Prados

33727

11

9,48

15

Pedrido Pena, M. Mercedes

Prados

509

126

125,76

16

Noya Martínez, José

Xardín

33701

01

12,02

12 ml de murete de formigón