Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 30 de novembro de 2015 Páx. 45167

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de licitación para contratación, mediante procedemento aberto, dos servizos técnicos do auditorio municipal.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Concello de Ourense.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2.º Domicilio: praza do Trigo, nº 2, 3º.

3º. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4º. Teléfono: 988 26 93 33.

5º. Fax: 988 22 14 94.

6º. Correo electrónico: contratacion@ourense.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ourense.es

d) Número de expediente: 2015017113 (ref. 2366).

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contratación, mediante procedemento aberto, dos servizos técnicos do auditorio municipal.

c) Lugar de execución/entrega: Concello de Ourense.

d) Prazo de execución/entrega: dous (2) anos.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 79952100-3.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación e a súa ponderación: oferta económica, ata 100 puntos.

4. Orzamento base de licitación:

a) Valor estimado do contrato: 478.400 euros.

b) O tipo de licitación: importe neto: 23 euros/hora. IVE: 4,83 euros. Importe total: 27,83 euros/hora.

5. Garantías exixidas:

a) Definitiva: 5.980 euros.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica-financeira: a que se sinala no artigo 15 (Doc. 4) do prego de condicións.

b) Solvencia técnica: a que se sinala no artigo 15 (Doc. 5) de prego de condicións.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: quince (15) días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se realicen as publicacións no BOP e no DOG.

b) Modalidade de presentación: a que se sinala no artigo 11 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: rexistro xeral.

2º. Domicilio: praza Maior nº 1.

3º. Localidade e código postal: Ourense, 32005.

4º. Dirección electrónica: rexistroxeral@ourense.es

d) Prazo de vinculación da oferta: tres (3) meses contados desde a apertura de proposicións.

8. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Concello de Ourense, praza Maior, nº 1.

b) Localidade e código postal: Ourense, 32005.

c) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante.

9. Gastos de publicidade: o importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Ourense, 20 de novembro de 2015

Jesús Vázquez Abad
Alcalde