1. Entidade adxudicadora: Concello de Moaña.
2. Obxecto do contrato: subministración de produtos de limpeza.
3. Duración do contrato: dous anos prorrogables por dous máis, de acordo coa cláusula quinta do prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Tramitación: ordinaria.
5. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso, múltiples criterios de adxudicación.
6. Base ou tipo de licitación (cláusula 2ª.2.1 do prego de cláusulas administrativas particulares): 25.414,78 €, IVE incluído.
7. Garantía provisoria: non se exixe.
8. Garantía definitiva: equivalente ao 5 % do importe da adxudicación (IVE excluído).
9. Obtención de información e documentación: nas dependencias da Secretaría Xeral do Concello de Moaña. As Barxas, 2. CP 36950. Moaña. Pontevedra. Teléfono: 986 31 01 00, fax: 986 31 01 04 e no perfil do contratante na páxina web do concello www.concellodemoana.org
10. Proposicións. Lugar e prazo de presentación: consonte establece a cláusula 12ª do prego de cláusulas administrativas particulares: no Rexistro de Entrada do Concello de Moaña durante o prazo de quince (15) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no último boletín en que apareza (BOP, DOG ou perfil do contratante). Documentación: cláusula 12.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Capacidade para contratar: consonte establece a cláusula 9ª do prego de cláusulas administrativas particulares.
Máis información nos pregos, que se consultarán en horario de oficinas na propia casa do concello e na páxina web do concello (perfil do contratante www.concellodemoana.org)
Moaña, 20 de outubro de 2015
Leticia Santos Paz
Alcaldesa