Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Luns, 30 de novembro de 2015 Páx. 45170

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Poio

ANUNCIO da aprobación inicial do convenio urbanístico de xestión entre este Concello e María del Pilar Vidal Gómez en Camiño da Fonte de Chancelas-Combarro.

Aprobación inicial do convenio urbanístico de xestión entre o Concello de Poio e María del Pilar Vidal Gómez en camiño da Fonte de Chancelas-Combarro, Poio.

A Xunta de Goberno Local, na sesión realizada o día 21 de setembro de 2015, adoptou o acordo número 13329 polo que se aproba inicialmente o convenio urbanístico de xestión entre o Concello de Poio e María del Pilar Vidal Gómez en Camiño da Fonte do lugar de Chancelas, da parroquia de Combarro, polo que, de conformidade co disposto no artigo 237 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o expediente do dito convenio ao trámite de información pública durante o prazo dun mes, contado a partir da data de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo poderase examinar o expediente na casa do concello, Oficina de Urbanismo, das 8.00 ás 14.30 horas, e presentar as alegacións ou reclamacións que se consideren oportunas.

Poio, 30 de setembro de 2015

Luciano Sobral Fernández
Alcalde