Expediente: IN407A 2015/267-1.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Denominación: LMT e CT Ortoño.
Concello: Ames.
Características técnicas:
Reforma liña eléctrica de media tensión aérea SNT 822, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,086 km, coa orixe en apoio núm. D 22-44 da LMT SNT822, condutor tipo LA-56 mm2 e final no apoio nº D 22-45 da LMT SNT822.
Liña eléctrica de media tensión subterránea (actuación nº 1), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,025 km, coa orixe no apoio nº D 22-45 da LMT SNT822, condutor tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV 1×240 mm2 Al e final novo CT Ortoño (proxectado).
Liña eléctrica de media tensión subterránea (actuación nº 2), a 20 kV, cunha lonxitude de 0,030 km, coa orixe e fin na LMT SNT 834, condutor tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV 1×240 mm2 Al unha vez entra e saia do novo CT Ortoño (proxectado).
Novo centro de transformación prefabricado Ortoño, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.
Lexislación de aplicación:
Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).
Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).
Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figuran no anexo que se xunta a esta resolución. A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte (20) días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.
A Coruña, 29 de outubro de 2015
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2015/267-1
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Denominación: LMTS y CT Ortoño
Concello: Ames
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados
Nº predio |
Lugar |
Cultivo |
Nome e apelidos |
Apoio |
|
nº |
m2 |
||||
1 |
Monte baixo |
Hros. de Eduardo Casilla Gil |
44 |
2.0 |
|
3 |
Monte baixo |
María Josefa Tembra Martínez |
45 + centro de transf.+ acceso |
31.0 |