Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 27 de novembro de 2015 Páx. 44818

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5158/2014-PM).

Tipo e número de recurso: RSU recurso suplicación 5158/2014 PM

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 280/2013, Xulgado do Social número 3 de Vigo

Recorrente: Mutua de Accidentes de Trabajo Fraternidad-Muprespa

Avogado: Juan Carlos Vázquez García

Procuradora: Concepción Pérez García

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Sergas, Constrular Noroeste, S.L., Juan Antonio Paradelo Laso

Avogado: Daniel del Valle Corrochano

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso suplicación 5158/2014 desta sección, seguido por instancia de Mutua de Accidentes de Trabajo Fraternidad-Muprespa contra a empresa Constrular Noroeste, S.L., sobre accidente, ditouse resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Que desestimamos o recurso de suplicación formulado por Muta La Fraternidad-Muprespa contra a sentenza ditada o 24 de marzo de 2014 polo Xulgado do Social número 3 de Vigo en autos número 280/2013 seguidos por instancia de Juan Antonio Paradelo Laso contra a recorrente, o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, e a empresa Constrular Noroeste, S.L., resolución que se mantén na súa integridade.

En canto a depósito, aseguramento e custas obsérvese o razoado.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

–Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Constrular Noroeste, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de outubro de 2015

Letrada da Administración de xustiza