Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 27 de novembro de 2015 Páx. 44816

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (428/2012).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 428/2012 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, contra Roberto Salgado Sanjurjo e Manuela Sanjurjo Vergara, sobre viuvez, a Sala do Social do Tribunal Supremo ditou, con data do 7 de xullo de 2015, a seguinte resolución:

A Sala acorda declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo letrado Antonio Valencia Fidalgo, en nome e representación de Roberto Salgado Sanjurjo, contra a Sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do 13 de maio de 2014, no recurso de suplicación 428/2012, interposto polo Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra a Sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 dos de Ourense, con data do 9 de novembro de 2011, no procedemento número 536/2011 seguido por instancia de Roberto Salgado Sanjurjo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Manuela Sanjurjo Vergara, sobre reclamación de viuvez e orfandade.

Declárase a firmeza da sentenza impugnada, sen imposición de custas á parte recorrente.

Contra este auto non cabe ningún recurso.

Devólvanse os autos de instancia e a peza de suplicación á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de procedencia, con certificación desta resolución e comunicación.

Así o acordamos, mandamos e asinamos.

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Manuela Sanjurjo Vergara, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de outubro de 2015

A letrada da Administración de xustiza