Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Venres, 27 de novembro de 2015 Páx. 44813

IV. Oposicións e concursos

Parlamento de Galicia

ACORDO do 23 de novembro de 2015, da Mesa do Parlamento de Galicia, polo que se aproba a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de director/a-interventor/a.

Ao abeiro do establecido no artigo 29 do Estatuto de persoal do Parlamento de Galicia, a Mesa do Parlamento, na súa reunión do 23 de novembro de 2015, acordou aprobar a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de director/a-interventor/a da Administración do Parlamento de Galicia, conforme as seguintes bases:

Primeira. Apróbase a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo de director/a-interventor/a da Administración do Parlamento de Galicia, código AP56 da relación de postos de traballo do persoal da Administración do Parlamento de Galicia.

As características do posto son as seguintes:

1. Grupo de titulación: A.

2. Nivel de complemento de destino: 30.

3. Administración: pertenza a corpos ou escalas superiores de intervención ou a outros corpos ou escalas superiores na especialidade ou con funcións de intervención.

4. Complemento específico: 32.663,54 euros.

5. Centro directivo: Dirección de Intervención Xeral e Asuntos Económicos.

Segunda. Poderán concorrer á convocatoria os funcionarios e as funcionarias de carreira de calquera Administración pública, do grupo A, que pertenzan a corpos ou escalas superiores de intervención ou a outros corpos ou escalas superiores na especialidade ou con funcións de intervención.

Terceira. O persoal funcionario interesado poderá presentar a súa solicitude no Rexistro Xeral do Parlamento de Galicia, rúa do Hórreo nº 63 en Santiago de Compostela, no prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia, na cal deixará constancia dos datos do posto que viñese desempeñando e dos méritos que desexe alegar.

Para participar nesta convocatoria solicítase que a persoa interesada formalice a petición de acordo co modelo que se inclúe no anexo.

Os aspirantes deberán achegar á súa petición un curriculum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos alegados.

Cuarta. Consonte o disposto no artigo 29.2 do Estatuto de persoal do Parlamento de Galicia, a convocatoria resolveraa a Mesa do Parlamento por proposta do letrado oficial maior.

Quinta. A resolución desta convocatoria farase pública no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia. De se considerar oportuno, poderá declararse que non procede a cobertura do posto de traballo.

Sexta. O prazo de toma de posesión da persoa seleccionada será de tres días hábiles, de estar o destino anterior na mesma localidade, de sete días se comporta cambio de residencia ou de vinte días se comporta o reingreso no servizo activo.

O prazo de toma de posesión comezará a contar desde o día seguinte ao do cesamento nese destino, se é o caso, que deberá producirse dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia da resolución da libre designación.

Se a resolución comporta o reingreso no servizo activo, o prazo de toma de posesión comezará a contar desde a data seguinte á súa publicación.

Sétima. Contra o acordo polo que se aproba esta convocatoria, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpor, potestativamente, recurso de reposición ante a Mesa do Parlamento no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia, ou poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2015

Pilar Rojo Noguera
Presidenta do Parlamento de Galicia

missing image file