Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 26 de novembro de 2015 Páx. 44769

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual número 1 do Plan parcial do polígono industrial de Vilar do Colo.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 2 de outubro de 2015, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar definitivamente a modificación puntual número 1 do Plan parcial do polígono industrial de Vilar do Colo.

Segundo. Publicar este acordo no prazo dun mes no DOG e a normativa e ordenanzas no BOP da Coruña.

Terceiro. Comunicar este acordo á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas dándolle traslado de dúas copias autenticadas e dilixenciadas pola Secretaría municipal da modificación puntual definitivamente aprobada».

O documento que se somete a aprobación definitiva é o redactado con data de marzo de 2015, que integra as modificacións suxeridas por Augas de Galicia recollidas na Decisión do 19 de febreiro de 2015 de non someter á avaliación ambiental estratéxica a citada modificación puntual.

O acto de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan parcial foi comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas con data do 21 de maio de 2008, en cumprimento do disposto polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG).

En sesión plenaria do 5.11.2015, o Pleno acordou unha rectificación duns erros advertidos no acordo de aprobación definitiva da modificación puntual número 1 do Plan parcial do polígono industrial de Vilar do Colo. A dita rectificación foi comunicada á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio o 12.11.2015.

O anuncio de aprobación definitiva, xunto coa normativa rectificada, publicouse no BOP da Coruña o día 20 de novembro de 2015.

Contra o acordo de aprobación definitiva da citada modificación do Plan parcial poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Fene, 20 de novembro de 2015

Juventino José Trigo Rey
Alcalde