Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 26 de novembro de 2015 Páx. 44768

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Beariz

ANUNCIO de información pública sobre o proxecto de delimitación de solo do núcleo rural da Abeleira.

Unha vez aprobado inicialmente, por acordo do Pleno do día 25 de setembro de 2015, o proxecto de delimitación de solo do núcleo rural da Abeleira, de acordo coa disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública por un prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante ese prazo, calquera interesado poderá examinalo nas dependencias municipais para formular as alegacións que considere pertinentes ou obter copias.

Beariz, 29 de setembro de 2015

Manuel Prado López
Alcalde