Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 26 de novembro de 2015 Páx. 44726

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 24 de outubro de 2015, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Comunal de Paciños, a favor dos veciños de Paciños, no concello do Carballiño (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar con data do 22 de setembro de 2015, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Comunal de Paciños, a favor dos veciños de Paciños, no concello do Carballiño (Ourense), resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 11 de setembro de 2008, tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común en que se solicita a clasificación como veciñal en man común do monte Comunal de Paciños.

Segundo. Con data do 5 de novembro de 2014, o Xurado Provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e abrindo un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. Detectado un erro material no acordo de inicio da clasificación no que respecta á superficie total do monte reflectida nel (47.182 m2), procede a súa correción, polo que a superficie total é de 46.149 m2, resultante da suma das zonas incluídas no presente acordo de clasificación.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:

Concello: O Carballiño.

Denominación do monte: Comunal de Paciños.

Comunidade veciñal solicitante: veciños de Paciños.

Superficie total: 46.149 m2.

– Zona 1: O Cotobelo.

Superficie: 26.850 m2.

Estremas:

Norte: pol. 18, parc. 1176, Matilde Gayoso Vázquez; pol. 18, parc. 1175, Rosa Rodríguez Rúa; pol. 18, parc. 1109, Ana Belén Rodríguez Fdez.; pol. 18, parc. 1111, Ana Belén Rodríguez Fdez.; pol. 18, parc. 1105, Pedro Cibeira Lorenzo; pol. 18, parc. 1103, Salustiano Rodríguez Rúa; pol. 18, parc. 1102, Erundina Vázquez Valeiras.

Sur: pol. 18, parc. 2069, Aurora Rodríguez González; pol. 18, parc. 2070, Eulogio Pérez Lorenzo; pol. 18, parc. 2071, Matilde Gayoso Vázquez; pol. 18, parc. 2072, Ramón Bueno González; pol. 18, parc. 2073, Eulogio González González; pol. 18, parc. 2074, Eulogio Pérez Lorenzo; pol. 18, parc. 2077, Avelino Rguez. Dguez.; pol. 18, parc. 2076, José Rguez. Dguez.; estrada; camiño.

Leste: camiño.

Oeste: estrada.

– Zona 2: A Pena do Indallo.

Superficie: 7.215 m2.

Estremas:

Norte: pol. 21, parc. 1775; pol. 21, parc. 1774; pol. 21, parc. 1773; pol. 21, parc. 1772; pol. 21, parc. 1770; pol. 21, parc. 1759; pol. 21, parc. 1754.

Sur: pol. 21, parc. 1238; pol. 21, parc. 1242; pol. 21, parc. 1278; pol. 21, parc. 1279; pol. 21, parc. 1280; pol. 21, parc. 1322.

Leste: pol. 21, parc. 1783.

Oeste: concello do Irixo; pol. 21, parc. 1863; pol. 21, parc. 1323; pol. 21, parc. 1325; pol. 21, parc. 1324; pol. 21, parc. 1326; pol. 21, parc. 1327.

– Zona 3: O Coto.

Superficie: 1.675 m2.

Estremas:

Norte: estrada.

Sur: pol. 18, parc. 1210, Manuel Rguez. Rúa; pol. 18, parc. 1220, Laura Nogueira Rguez.

Leste: estrada.

Oeste: pol. 18, parc. 1786, José Benito Dguez. García; pol. 18, parc. 1788, José A. Cibeira Díaz; pol. 18, parc. 1789, José A. Conde Justo.

– Zona 4: O Viñal.

Superficie: 274 m2.

Estremas:

Norte: camiño.

Sur: pol. 21, parc. 1790; pol. 21, parc. 1791.

Leste: camiño.

Oeste: estrada.

– Zona 5: A Lavandeira.

Superficie: 8.210 m2.

Estremas:

Norte: camiño.

Sur: pol. 21, parc. 1793; pol. 21, parc. 1795; pol. 21, parc. 1796; pol. 21, parc. 1797; pol. 21, parc. 1798; pol. 21, parc. 1801; pol. 21, parc. 1800.

Leste: pol. 21, parc. 1820; pol. 21, parc. 1821; pol. 21, parc. 1812; pol. 21, parc. 1811; pol. 21, parc. 1810; pol. 21, parc. 1809; pol. 21, parc. 105; pol. 21, parc. 104; pol. 21, parc. 103; pol. 21, parc. 102; pol. 21, parc. 101; pol. 21, parc. 100; pol. 21, parc. 93.

Oeste: pol. 21, parc. 1806; pol. 21, parc. 1806; pol. 21, parc. 1807; pol. 21, parc. 1804.

– Zona 6: A Cortiña.

Superficie: 1.925 m2.

Estremas:

Norte: pol. 21, parc. 511; pol. 21, parc. 517.

Sur: camiño.

Leste: pol. 21, parc. 58; pol. 21, parc. 56; pol. 21, parc. 50; pol. 21, parc. 53; pol. 21, parc. 51 MVMC de Carballeda.

Oeste: camiño.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa; correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante os testemuños dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes, e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 132/2014, do 2 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar e demais normativa legal e regulamentaria, o xurado provincial por unanimidade dos seus membros,

Resolve:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Comunal de Paciños, a favor dos veciños de Paciños, no concello do Carballiño (Ourense), de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 24 de outubro de 2015

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes
Veciñais en Man Común de Ourense