Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 26 de novembro de 2015 Páx. 44731

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 2 de outubro de 2015, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se notifican os requirimentos de documentación para o pagamento das axudas en concorrencia competitiva para a implantación de servizos de asesoramento, xestión e substitución nas explotacións agrarias cofinanciadas co Feader no marco do PDR de Galicia 2007-2013 aos interesados no expediente 115401500052013 e dous máis.

De conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles aos interesados, que se sinalan no anexo deste anuncio, o requirimento de documentación que acredite o cumprimento das obrigas tributarias, coa Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento débedas coa Administración pública da comunidade autónoma, de acordo co artigo 10 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Os interesados poderán comparecer nas oficinas do Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, Consellería do Medio Rural e do Mar (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento íntegro do dito requirimento e a constancia de tal coñecemento.

A documentación irá dirixida ao Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario, Consellería do Medio Rural e do Mar, Edifficio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, e poderá presentarse por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. No caso de non presentar a mencionada documentación no prazo de dez (10) días contados desde a publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), o pagamento quedará en suspensión.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2015

Patricia Ulloa Alonso
Directora xeral de Produción Agropecuaria

ANEXO

1. Procedemento: axudas convocadas ao abeiro da Orde do 27 de maio de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas en concorrencia competitiva para a implantación de servizos de asesoramento, xestión e substitución nas explotacións agrarias, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013 e se convocan para o ano 2013.

Interesado: La Arzuana, S.C.G.

Expediente 115401500052013.

Acto de notificación: requirimento de documentación.

Último enderezo coñecido: Teiraboa, s/n, 15810 Arzúa, A Coruña.

Documentación solicitada:

– Certificado positivo de débedas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

– Certificado positivo de débedas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

– Certificado positivo de débedas coa Administración pública da comunidade autónoma.

2. Procedemento: axuda aprobada ao abeiro da Orde do 22 de decembro de 2011 pola que se modifica a Orde do 22 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas en concorrencia competitiva para a implantación de servizos de asesoramento, xestión e substitución nas explotacións agrarias, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013 e se convocan para o ano 2012.

Interesado: Dinamización do Medio Rural.

Expediente 115103600032012.

Acto de notificación: requirimento de documentación.

Último enderezo coñecido: rúa Pintor Laxeiro, 17, 1º C, 36500 Lalín, Pontevedra.

Documentación solicitada:

– Certificado positivo de débedas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

– Certificado positivo de débedas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

3. Procedemento: axuda aprobada ao abeiro da Orde do 22 de decembro de 2011 pola que se modifica a Orde do 22 de decembro de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas en concorrencia competitiva para a implantación de servizos de asesoramento, xestión e substitución nas explotacións agrarias, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007-2013 e se convocan para o ano 2012.

Interesado: Xestión e Aconsellamento.

Expediente 115102700122012.

Acto de notificación: requirimento de documentación.

Último enderezo coñecido: rúa Antonio Lourenzana, nº 1, 1º, 27500 Chantada, Lugo.

Documentación solicitada:

– Certificado positivo de débedas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

– Certificado positivo de débedas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.