Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 26 de novembro de 2015 Páx. 44710

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Salvaterra de Miño (expediente IN407A 2015/199-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese á información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: polígono industrial Chan da Ponte, parcela 19, 36450 Salvaterra de Miño.

Denominación: LMTS Oleiros-Salvaterra-Salceda 2º circuíto, 3ª fase.

Situación: Salvaterra de Miño.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 802 metros de lonxitude, con orixe no centro de interconexión polígono Chan da Ponte e final no apoio nº 3 da LMT aérea existente Salvaterra-Salceda. A instalación está situada no polígono industrial Chan da Ponte, Salvaterra de Miño.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 4 de novembro de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra