Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 26 de novembro de 2015 Páx. 44708

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cospeito (expediente IN407A 2015/93-2, 8286 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Concello de Cospeito.

Domicilio social: avda. da Terra Chá, nº 29.

Denominación: CT e LMTS para a Edar da Feira do Monte.

Situación: concello de Cospeito.

Características técnicas:

1. Instalación dun apoio tipo C-2000-12, no cal se instala un dispositivo de corte con fusible-seccionador XS e un conxunto de pararaios e autoválvulas e un paso aéreo a soterrado.

2. LMT soterrada a 20 kV con orixe no apoio proxectado e final no CT proxectado, cunha lonxitude de 315 metros en condutor RHZ1-95.

3. CT en edificio prefabricado tipo PFU 4, no cal se instala unha cela de liña, unha de protección e unha de medida, cunha potencia de 100 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 3 de novembro de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo