Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Xoves, 26 de novembro de 2015 Páx. 44711

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Chantada (expediente IN407A 2015/58-2, 8252 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Customdrinsk, S.L.

Domicilio social: polígono industrial Os Acivros, parcela C1, Chantada.

Denominación: LMTS e CT para subministración eléctrica a unha planta de envasamento de bebidas.

Situación: concello de Chantada.

Características técnicas:

1. Liña de media tensión soterrada a 20 kV consistente en anelar na LMTS existente (CHA 814) no polígono de Chantada o CS proxectado, cunha lonxitude de 10 metros en condutor tipo RHZ1-240 m.m.

2. Centro de seccionamento no límite da parcela en edificio prefabricado tipo PFUS, no cal se instalan tres celas de liña.

3. Centro de transformación en edificio prefabricado tipo PFUS, cunha potencia de 1.000 kVA, no cal se instala unha cela de liña, unha de protección e unha de medida cunha relación de transformación 20.000/400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310) do sector eléctrico e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 129/2015, do 8 de outubro, e do 110/2013, do 4 de xullo (modificado polo Decreto 116/2014, do 11 de setembro) polos que se establece a estrutura orgánica da Consellería, e tendo en conta o Decreto 36/2001, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial e outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se xulgue pertinente.

Lugo, 6 de novembro de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo